Fraternidad-Muprespa y los emprendedores

Fraternidad-Muprespa e os emprendedores

Se xa tomaches a decisión de emprender a túa aventura empresarial, necesitarás dos servizos dunha mutua colaboradora coa Seguridade Social para que che dea a cobertura necesaria, como traballador autónomo, e tamén aos traballadores que poidas contratar.

Que tipo de cobertura ofrecen as mutuas?

  • Para un traballador autónomo, dependendo das opcións elixidas, a mutua aboará as prestacións económicas por incapacidade temporal nos períodos de baixa médica, por cesamento de actividade (o que se coñece como paro dos autónomos), o subsidio por risco no embarazo e lactación natural, subsidio por coidado de menores con cancro ou enfermidade grave, ademais de ofrecer asistencia médica e rehabilitación en accidentes de traballo.
  • Para traballadores contratados, a cobertura obrigatoria inclúe a asistencia médica, rehabilitación e prestación económica por incapacidade temporal en caso de accidente de traballo, ademais do risco no embarazo e lactación e o coidado de menores. A cobertura económica das continxencias comúns (enfermidade común) será opcional nestes traballadores do Réxime Xeral.
  • Asesoramento en prevención de riscos laborais con cargo a cotas (sen custo para empresario e traballadores), nos termos que establece a normativa vixente.

Prestacións económicas

Cobertura de continxencias comúns

A baixa por enfermidade común esténdea o médico do sistema público de saúde, mentres que a Mutua será a responsable do pagamento das prestacións económicas.

Aboámosche:

  • Do 4º ao 20º día de baixa, o 60% da túa base reguladora.
  • A partir do 21º día de baixa, ata un máximo de 730 días, o 75% da base reguladora diaria.

Custo da cobertura: aplícase o tipo de 29,80% á base elixida polo autónomo (entre unha máxima e unha mínima). As bases modifícanse anualmente.

Para cobrar esta prestación, é necesario tramitar a solicitude de pagamento directo e completar os datos que se indican a continuación:

  • Documentación de identificación persoal

    Documento Nacional de Identidade (DNI/NIF) ou, se é estranxeiro, tarxeta de residencia.

  • Documentos asociados á baixa (só para Continxencias Comúns)

    Parte médico de baixa.

    Último Parte de Confirmación emitido polo Servizo Público de Saúde.

    Parte médico de alta (se xa se emitiu).

  • Documentación relativa á cotización

    Xustificante dos boletíns de cotización dos 3 últimos meses anteriores á baixa médica.

Para máis información, consulta aquí

Cobertura por accidente de traballo e enfermidade profesional

Os emprendedores que se acollen a esta cobertura teñen dereito a recibir asistencia médica e a varias prestacións.

Aboámosche: O 75% da base reguladora a partir do día seguinte á baixa médica.

E o custo da cobertura: Cota sobre a base de cotización do 29,80% + unha porcentaxe determinada polo CNAE.

As seguintes prestacións forman parte da cobertura por accidente de traballo e enfermidade profesional.

 Contacta connosco

 

  • Cesamento da Actividade de Traballadores Autónomos (CATA):

    A protección por Cesamento de Actividade dos Traballadores Autónomos (en diante protección CATA) ten por obxecto protexer o traballador autónomo que, por motivos alleos á súa vontade, cesa totalmente a súa actividade laboral de forma temporal ou definitiva.

    A contía da prestación calcularase como o 70% da base reguladora media cotizada durante os 12 meses continuados e inmediatamente anteriores ao cesamento de actividade. En función do número de fillos que o autónomo teña o seu cargo, estableceranse contías mínimas (80|107% IPREM) e máximas (175|200|225% IPREM) da prestación CATA.

  • Coidado de menores afectados por cancro ou outra enfermidade grave (CUME):

    Esta prestación económica está destinada os pais ou proxenitores, no caso de que ambos os dous traballen e que deban reducir a súa xornada de traballo para o coidado do menor ao seu cargo, afectado por cancro ou outra enfermidade grave que requira ingreso hospitalario de longa duración e tratamento continuado da enfermidade.

    A contía será a equivalente ao 100% da base reguladora establecida para a prestación de incapacidade temporal derivada de continxencias profesionais, ou a de continxencias comúns cando non se opte pola cobertura daquelas, e aplicarase a porcentaxe de redución que experimente a xornada de traballo.

  • Se queres saber máis sobre a tramitación desta prestación, preme aquí.

  • Risco durante o embarazo e lactación natural

    Como traballadora, debe comunicar a súa situación de embarazo, para o cal deberá solicitar ao Servizo Público de Saúde (xinecólogo ou médico de familia), un informe médico no que se manifeste a súa situación de embarazo e data probable do parto para os efectos previstos no art. 26 da Lei de prevención de riscos laborais.

    Cando a adaptación de condicións ou do tempo de traballo non resultase posible ou, malia tal adaptación, as condicións do posto de traballo puidesen seguir influíndo negativamente na saúde como traballadora embarazada ou do feto, a traballadora debe solicitar á Mutua un certificado médico de risco.

    Como traballadora por conta propia ou autónoma, para ter dereito á prestación, deberá presentar:
    Fotocopia dos últimos tres recibos do aboamento das cotas.
    Declaración de situación de actividade.

Coñécenos mellor