Prevención

Como emprendedor, aféctache a Lei de prevención de riscos laborais?

  • Se tes traballadores ao teu cargo, equipáraste a un empresario e, polo tanto, debes garantir a seguridade e saúde dos teus empregados en todos aqueles aspectos relacionados coa saúde laboral. Entón, si se che aplica esta lei na súa totalidade.
  • Se non tes traballadores ao teu cargo e, ademais, non compartes centro con ningunha outra empresa ou non realizas traballos como subcontrata doutras empresas, non se che aplica a Lei de prevención de riscos laborais.
  • Ollo! Se traballas en exclusiva para unha soa empresa ou se fuches contratado por outra empresa, esta, como parte da relación privada entre cliente e provedor, podería pedirche a avaliación de riscos, o recoñecemento médico da túa aptitude para traballar e a formación sobre os riscos do teu traballo.

Seleccionamos uns manuais que poden ser do teu interese, en particular:
ligazón Seguridade e Saúde no meu traballo
ligazón Seguridade nos desprazamentos
ligazón Seguridade na condución de motos

Tamén dispoñemos deligazón Cursos gratuítos na nosa Aula Online, que, aínda que non esteas obrigado legalmente, si che interesa coñecer, xa que debes coidar a túa saúde e a túa seguridade.

Conceptos básicos sobre Seguridade e Saúde no Traballo
  • Curso avanzado de Seguridade e Saúde no Traballo.
  • Riscos asociados ao manexo de ferramentas
  • Riscos asociados ao manexo de máquinas
  • Risco eléctrico
  • Manipulación manual de cargas
  • Equipos de protección individual
  • Risco de incendios
  • Seguridade nos desprazamentos
  • Primeiros auxilios
  • Riscos laborais do condutor repartidor
  • Riscos do recepcionista en oficinas
  • Riscos do persoal comercial
  • Riscos do persoal informático
  • Sector comercio
Talleres: Promoción da saúde para emprendedores
  • Taller de técnicas de manexo do estrés
  • Taller de seguridade viaria
  • Taller de costas: Prevención de lesións músculo-esqueléticas no traballo
  • Taller de posta a punto para evitar lesións musculares
  • Taller de voz: Prevención dos problemas da voz no traballo

Poden serche de moita utilidade estas dúas ligazóns, xa que, se algún cliente che solicita documentación, aquí podes obter a documentación básica, sen custo ningún.

  • Prevención 10

    É un servizo público gratuíto de asesoramento en prevención de riscos laborais, desenvolvido polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social. Esta plataforma está dirixida a dous grandes colectivos:
    . As empresas de ata 25 traballadores, que poderán realizar a autoavaliación dos seus riscos e cumprir coas obrigas da Lei de prevención de riscos laborais.
    . Os traballadores autónomos, que poderán coñecer cales son as súas obrigas e dereitos en materia de prevención de riscos laborais e coordinación de actividades empresariais.

    ligazón logo prevención 10

Os formularios de autoprevent-t proporcionan 3 tipos de información:

  • Información relativa á PRL da súa actividade, en función das tarefas que realiza. Danse medidas preventivas sobre determinados danos seleccionados.
  • Información que o autónomo debe proporcionar a outras empresas, sobre os riscos da súa actividade, para a coordinación de actividades empresariais.
  • Información que ha de proporcionar ao traballador autónomo a empresa que o contrate, así como as empresas que concorran no mesmo centro de traballo.
Aféctache a Lei de prevención de riscos laborais?

Normativa

Prevención de Fraternidad-Muprespa

  • Portal Prevención

    Previene

    Portal divulgativo sobre prevención de accidentes de traballo e enfermidades profesionais de Fraternidad Muprespa.

    ligazón
  • imaxe infoPrevención

    Boletín InfoPrevención

    Información mensual sobre novidades lexislativas, noticias de interese, eventos, sentenzas, etc. Dende a sección, poderá acceder a todos os boletíns publicados e inscribirse para recibilo gratuitamente no seu correo electrónico.

    ligazón

© Fraternidad-Muprespa - Su Mutua, 275.